CURIOSIDADES



  Aquí imos contar calquera cousa que se nos ocorra. Sempre me gustou saber daquelas pequenas ou grandes cousas que tamén forman parte dos momentos e da historia. Espero que a vós tamén.

SOBRE A TERRA E A NATUREZA

O lugar máis cálido da Terra é O Val da Morte situado en California.

" En un período de 100 años, una molécula de agua pasa 98 años en el océano, 20 meses en forma de hielo, 2 semanas en lagos y ríos y menos de una semana en la atmósfera." (Revista Muy Interesante).

SOBRE O ENTROIDO

En Venecia tamén teñen unha sobremesa típica, A Frittella. É un buñuelo. Se queres a receita para facelos. Clica sobre o enlace "receita".

SOBRE OS LIBROS E A LECTURA

O libro máis caro do mundo custa  153 millóns de euros.  ¿Sabes cantas páxinas ten? Só 13, pero seica o autor que se chama Tomas Alexander Hartmann, resolveu as preguntas que todo ser humano se fai: ¿De onde vimos? ¿A onde imos? ¿Que temos por facer? Esa información está baseada na do diario El Economista.


Creative Commons License

NA COCIÑA


   Cada momento do ano ten os seus produtos. Que tal se aprendemos un pouco sobre eles e como podemos cociñalos? Que tal se comezamos en orde de aparición das festas?

A COCIÑA DO SAMAÍN

Imos utilizar o elemento representativo do Samaín para cociñar, A CABAZA. Faremos primeiros pratos, guarnicións ou acompañamentos para certas comidas e, como non, algunha sobremesa.

Poñemos o mandil, o noso gorro, lavamos ben as mans e A COCIÑAR. Clica sobre a fotografía e podes acceder ás receitas, que pertencen  www.gallinablanca.es

https://www.gallinablanca.es/recetas/calabaza/


A COCIÑA DO MAGOSTO



A COCIÑA DO NADAL




A COCIÑA DO ENTROIDO

No entroido hai certas lambetadas que todo o mundo está agardando. Imos logo coas sobremesas:

1. AS FILLOAS

Non son crêpes. A filloa faise utilizando a auga na que se coce a cachucha do cocho en entroido, é moito máis delgada que a crêpe francesa.

Se queres saber como facelas sigue esta receita de filloas:

Elaboración

Bater  os ovos co sal e agregalos aos poucos, coa fariña, incorporando tamén o caldo (caldo de cocer a carne que se toma logo co cocido) e o leite. Cando estea a masa elaborada, incorporar o caldo e o leite.  Ligar ben todo. Pasar por un coador a outro recipiente e deixar repousar durante media hora en lugar fresco. Namentres, ter nese tempo unha tixola de ferro ou unha antiadherente no lume (se fose posible unha filloeira. Hainas ata para poñer sobre os fogóns de Butano ou de Gas Natural), cun garfo espetado no touciño, esperando para engraxar o fondo da tixola. Botar a cantidade xusta da masa de filloas na tixola e darlle a volta aos poucos instantes. Normalmente a cantidade soe ser unha cunca de servir a sopa. Facer polo outro lado e colocar nun prato cando estea feita. Seguir ata conseguir unha torre, aínda que iso en ocasións coma o Entroido é case imposible...
Unha vez terminadas de facer as filloas, pódense preparar de moitas formas; dependendo do gusto de cada casa, pódense acompañar simplemente de mel e canela ou poden ir recheas de crema pasteleira quente e queimadas con azucre por riba. Nesta época, adoitábase utilizalas, sen azucre, en vez do pan, coas comidas. Déixovos aquí o enlace ás "Filloas de Caldo de Marisé"
Non se poden esquecer as filloas de sangue. Estas adoitan facerse no tempo de matanza (porco), momento en que son moi apreciadas. Aconsello facelas e quentalas con graxa de porco, do contrario perderán todo o encanto.
Para elaboralas, poñer nunha cunca 500 gr de fariña, dúas cuncas de leite, dúas de caldo e unha de sangue, ademais de tres ovos. Traballar ben a pasta e deixar repousar. O proceso seguinte na tixola é o mesmo que no resto das filloas.  Esta receita está baseada na da páxina web "www.gastronomiadegalicia.com"

Tampouco poderás resistirte a unhas orellas. Aquí vai o enlace á receita das orellas de entroido.


Creative Commons License

AS LETRAS






   Ést é un símbolo que define á nosa Comunidade Autónoma, outro é a Lingua Galega. No mes de maio, arredor do 17 imos lembrar o valor que ten o noso idioma. Farémolo a través da celebración da Semana das Letras Galegas.

Neste curso 2017-2018, a autora á que se lle adica a Semana das Letras é María Victoria Moreno Márquez. Esta persoa naceu fóra de aquí, pero por cuestións familiares acabou dando clase de Lengua e Literatura en Galicia, onde entrou en contacto co galego, sendo hoxe unha escritora que todos vós coñecedes. Os seus libros están estes días expostos en fronte da porta do colexio e en algunhas clases "Leonardo e os Fontaneiros" están sendo lidos nas aulas dos maiores.

Se queres coñecer a súa vida completa podes acceder ao seguinte documento, publicado polo "Seminario Galán", clicando en Biografía de María Victoria.

Propóñovos, sobre todo aos de quinto e sexto que cliquedes no enlace a esta páxina da Primavera das Letras, un interesante lugar no que saber de libros e xogar coas palabras en galego. "Pan con Chocolate" é un libro desta autora contra o racismo. Se clicas no seu título accederás a unha actividade interactiva moi interesante e curiosa.

 Creative Commons License

ECOLOXÍA








    A fraxilidade do cristal que garda estas raíces é a mesma que envolve á vida neste planeta.

Para lembrarnos que o noso planeta non ten outro xemelgo ao que poidamos fuxir para seguirmos coas nosas vidas, temos que ter certos días dentro do calendario, a nivel mundial, que nos digan que o estamos facendo moi mal. Estes días son dous:

1.- O Día da Terra, que se celebra cada 22 de abril.

2.- O Día Mundial do Medioambiente que ocorre cada 5 de xuño.

Este planeta, o terceiro contando desde o Sol, chámase Terra. É a nosa casa. Na casa o aire queremos que sexa limpo. O refugallo vai ao caldeiro do lixo, non ao chan da cociña ou de calquera cuarto. Non deixamos as billas abertas, nin as luces acesas. Seguro que os adultos da casa, que pagan os recibos, che lembran que tés que tentar non malgastar... ¿Por que non o fas coa casa de todos?

Todo volve...

¿Nunca te fixaches nas praias cheas de envases e outros restos inimaxinables que retornaron a nós? A Terra non vai tragar o que nós tiremos. Vai traer todo de volta. A auga suxa caerá sobre nós en forma de chuvia ácida; o fume respirarémolo a cada paso que deamos; Enfermaremos ao comer todos os herbicidas, pesticidas e outros químicos que lle botamos á terra; Beberemos auga chea de velenos...

 
¿Esta é a Terra que ti queres?
Fíxate na segunda imaxe. Refírese aos plásticos.  O lema do Día Mundial da Nai Terra este ano é:
Rematar coa contaminación dos plásticos.

O mesmo tema será sobre o que vai traballar o día 5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente. Así o lema para este día o ano 2018 será:  Un planeta sen contaminación por plásticos.


https://www.youtube.com/watch?v=-ui4Aa3EpKE

Clica sobre a imaxe anterior. A Nai Terra vai falar contigo e pedirche algo...

Agora vas escoitar unha canción de Macaco adicada tamén á Nai Terra. Tenta aprendela. Clica sobre a flor.

https://www.youtube.com/watch?v=iZWryw2eFjI

Pero lembra que ademais de ver, escoitar e aprender...
Cada un de nós pode facer moitas cousas para axudar.

1. Recicla. Utiliza correctamente os contedores.
2. As lámpadas da casa procura que sexan led. O seu consumo será
moi baixo. Aforrariamos un montón de enerxía.
3. A auga doce do planeta é moi pouca, e menos aínda a que
se pode consumir. ¿Sabes que a maior parte do corpo de calquera
ser vivo é auga? Afórraa. O teu corpo precísaa cada día.
4. Compra alimentos pouco ou nada envasados.
5. Se podes utiliza produtos ecolóxicos nas leiras e para limpar e lavar.

Aquí podes acceder a un muro cheo de información sobre ecoloxía.

https://es.padlet.com/extraescolares365/Medio_Ambiente_2018






Creative Commons License

DÍA DO LIBRO


En abril queremos que non esquezades a importancia de ler. Como na imaxe, os libros son portas a outras realidades ou a mundos de fantasía.

Esta frase foi escrita por Santa Teresa de Jesús. Esta relixiosa, escritora e mísitica española que viviu no século XV tiña claro o seguinte: "Lee y conducirás, no leas y serás conducido." O que ela quería dicir é que se les terás ferramentas para a vida, para defenderte diante das dificultades; para atopar un traballo; para opinar con fundamento; para poder, en definitiva ter oportunidades e libre pensamento. Vas deixar que outros o fagan por ti? NOOOOOOOON!

Ademais nos libros tés a ciencia, pero tamén o arte, a diversión, a axuda...

E... Quen vive nos libros?

Greg, Tin Tin, Algún Ogro, A Carapuchiña Vermella e lo Lobo, Os Tres Porquiños, Harry Potter, Branca Neves e outras princesas... ¿Vas perder todo ese mundo?




 

Neste sinxelo vídeo resúmese a importancia dun libro.Clica sobre a
imaxe.
https://www.guiainfantil.com/videos/celebraciones/el-dia-del-libro-para-ninos/









Ademais de ler, tamén podes facer algunha manualidade, como a que vas ver neste enlace. Clica sobre a imaxe.
https://www.youtube.com/watch?v=0jndkZNViqU


Imos traballar un pouco a comprensión lectora. 

Tenta facer algunha das actividades.

Imos pensar un pouco no que pode facer por nós un libro. Clica na imaxe e verás o enlace.

https://drive.google.com/open?id=1LdsbZUQLHlQSBjBChd99tO_CrPKlBCFa

Creative Commons License


O ENTROIDO

E chegou o Entroido. Alá por febreiro temos costume de disfrazarnos. Cambiamos o noso aspecto e tentamos, a través de cantigas críticas o que consideramos incorrecto no mundo que nos arrodea.

QUE É ENTROIDO?

O entroido ven significar, resumindo moito, a entrada na primavera despois do frío e longo inverno. Aínda que podemos escoitar tamén Antroido, a Real Academia Galega dá como normativo Entroido.

 En Galicia é unha festa que foi en aumento ano tras ano, tanto é así que podemos falar dun triángulo máxico referido ao Entroido. Este triángulo está situado na provincia de Ourense; sendo os vértices do mesmo as vilas de Laza, Verín e Xinzo de Limia. Aínda así non esquezamos outros lugares como Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso, A Estrada...  Todos eles entroidos tradicionais. Aquí verás imaxes dalgúns personaxes tradicionais.




As imaxes deste collage foron tomadas de flickr, concretamente son autoría algunhas delas de Jose Pereira. Algunha publicada en Wikipedia e outra en Galipedia. Outra pertence a "titoalfredo". Todas elas foron filtradas por dereito de uso. 

No entroido todo o mundo se disfraza. Estamos no tempo do mundo ao revés. Antigamente, e aínda hoxe, a xente podía permitirse o luxo de criticar aos poderosos e falar contra as inxustizas.

Un típico personaxe é o choqueiro. Significa coller a roupa da casa máis estrafalaria ou que non nos serve e vestirnos de avoa, de albanel, de ricachón ou de homes as mulleres e de mulleres os homes...  Se clicas na imaxe accederás a Pinterest, onde podes ver moitas ideas que che poden axudar a disfrazarte.

https://www.pinterest.es/pin/432486370447622755/?lp=true





          Creative Commons License                              

A PAZ

    O día 30 de xaneiro temos por diante o Día Internacional da Paz e a Non Violencia. Polo de agora segue sendo necesario celebralo porque seguimos esquecendo como compartir uns cos outros; como ser respectuosos e respectuosas; como axudar a quen o precise máis ca un mesmo/a; como empregar como única arma a palabra, á hora de solucionar os conflitos entre uns e outros.

Un dos símbolos da Paz é esta pomba branca cunha poliña de oliveira que significa o perdón para a humanidade.

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi declarado por vez primeira en 1964. Ademais o 30 de xaneiro morre asasinado o que foi Presidente da India, Mahatma Gandhi. Gandhi. Gandhi, aprendeu e ensinou a enfrontarse ás inxustizas cun sistema denominado "resistenza non violenta". Significaba que diante de calquera afrenta xamáis se utilizaría unha arma ou un golpe. Gandhi, ademais era unha persoa "pobre", se falamos de propiedades que posuía. Todo o que el tiña como seu cabía nunha caixa de zapatos. Non quería nin precisaba nada máis.

Clica sobre a imaxe na que podes asistir a un emotivo vídeo sobre quen non ten absolutamente nada. A paz tamén é poder vivir cun pouco de dignidade.

https://youtu.be/NIk-OCE7I9Y


CONTOS PARA A PAZ

Se che gusta ler clica en contos para a paz e poderás acceder a pequenas historias para aprender sobre o respecto e a tolerancia, aloxados na web www.menudos peques.net


Creative Commons License

NADAL 2018

Chegou o inverno e con el o Nadal. Imos decorar o colexio entre todos. Cada curso é un pouquiño distinto
 do anterior.











O Nadal é unha festa relixiosa, sen dúbida, pero é un momento do ano que nos envolve por todos lados. As rúas e tendas están decoradas. As reunións familiares son habituais e os agasallos tamén. Polo tanto imos adicarlle un espazo neste blogue, xa que no Colexio as manualidades para o momento están á orde do día.

Nos días previos a estas datas, en case todos os fogares fan a árbore de Nadal. Seguro que ti tamén o fas. Lembra que se é natural deberías de levalo a onde se poida plantar de novo.



Hai quen fai tarxetas, outros caixiñas de regalo, outros adornos para a árbore da casa. Se clicas sobre a  imaxe terás algunhas ideas para decoración.

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/regalos-de-navidad-faciles-en-15-minutos/

Algo que non deberia de deixarse de facer sería escribir unha tarxeta para felicitar as festas. Así pois non deixes de agasallar cunha a alguén da túa familia. Clicando na imaxe vas atopar distintas ideas para facer algunha, sen complicarte moito.

https://genial.guru/creacion-hogar/40-tarjetas-navidenas-que-puedes-elaborar-en-media-hora-91805/


O Nadal noutros países:

Se tés curiosidade por saber como se celebra o Nadal noutras partes do mundo clica sobre a bóla e accederás á web www.guiainfantil.com

https://www.guiainfantil.com/navidad/mundo.htm











Creative Commons License

O MAGOSTO 2018


Alá polo 11 de novembro aproveitamos un dos froitos do outono máis abundantes. A CASTAÑA, que precisamente cae agora dos castiñeiros. En todo o norte e noroeste celebramos, con nomes moi similares a mesma festa. O Magosto.








O inverno chega e é hora de gardar o colleitado durante o ano, para pasar, o mellor posible, os días que chegan de frío, chuvia e poucas horas de luz solar. As casas das aldeas eran auténticas despensas. Gardadas quedaban as cebolas e os allos, a carne de porco, o viño colleitado nos meses de setembro e outubro, as patacas, o millo e a forraxe para o gando. Non faltaba tampouco unha boa leñeira chea de madeira para quentar a casa. O magosto semella ser unha celebración da abundancia na que a castaña é a raíña.

A castaña era a "pataca" que había en Europa antes de chegar a verdadeira pataca de América, de feito, pola zona de malpica chámanlles castañas ás patacas.

O San Martiño:

Como data para celebrar o magosto soemos agardar ao día de San Martiño. Para celebrar estes magostos precisamos castañas, chourizos e viño novo. Con nenos e nenas, evidentemente o viño non. Outro elemento que nunca falla son os xogos, xa desde antigo. É por eso que no noso colexio, antes de comer as castañas asadas, xogamos a esgalla, axudados polos monitores que son os nenos e nenas de 6º.

PREPARANDO UN MAGOSTO, desde o primeiro pasiño.
Clica sobre esta imaxe e irás directamente a un vídeo explicativo do magosto.

https://youtu.be/XzmW3XpRzaE
Aquí tés unha boa brasa e tres asadores preparados para comezar a asar castañas.

* Imos poñer  a cabeciña a funcionar. A ver se estas adiviñas podes solucionar:

A fonte é educaplay. 
 
Está en MES e non en TRES
Repítome tres veces en CASTAÑA
Son a primeira letra de GUSTO.
Son a última letra da frase anterior.
Quedo no medio de FESTA.
Aparezco no SOUTO e desaparezco en SOUBO.
Son a letra que se repite en OUTONO.


Creative Commons License

O SAMAÍN 2018













Cando comeza o curso temos que prepararnos xa para a primeira grande celebración do ano, e posiblemente unha das que máis nos gustan. Chámase, por estes lares o SAMAÍN

Os castrexos tamén tiñan festas, normalmente relativas á súa vida cotiá. Unha delas era o Samaín, na que se daba por finalizado o verán e na que se rendía culto aos falecidos. O samaín tamén significaba o Aninovo deles. O Samaín celébrase na noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro.

Collían as caveiras dos seus inimigos e colocábanas sobre os muros para meterlles medo aos inimigos que puideran ter intención de atacar o poboado  e tamén para evitar as ánimas, que nesa noite andaban no mundo dos vivos non sempre con boas intencións. Para que deran máis medo poñíanlles iluminación dentro, é por iso que hoxe baleiramos cabazas ás que lle damos aspecto de cabezas e nelas poñemos unha candea. É un xeito de lembrar o noso pasado e facer que non se perda.

Samaín ou Halloween?

As dúas. O Samaín é a orixe posiblemente. Na súa versión moderna celébrase o Halloween. Por que non facer que as dúas convivan, cando están presentes con tanta forza nas nosas vivenzas?

Posiblemente esta sexa a festa por excelencia da xente nova a quen lle gusta disfrazarse e, por suposto, preparar a súa cabaza. Creo que é a mellor forma de combinar ámbalas dúas festas.

Así como no Magosto a raíña é a castaña, no Samaín é a Cabaza, pero non sempre foi así. En tempos a cabaza non existía en Europa. Utilizábanse nabos. Foi coa chegada a América, dos Irlandeses e Ingleses, que o nabo foi cambiado por a cabaza que aquí nacía nos campos do novo continente. Se queres aprender a tallar unha cabaza, clica na terrorífica que tés debaixo.


https://www.hogarmania.com/decoracion/manualidades/otros/201310/como-tallar-calabaza-21751.html

Para os máis pequenos, porque abrir o cabazo non é sinxelo, podemos optar por decorar as cabazas sen abrir, so empregando adhesivo de silicona fría ou rotuladores permanentes. Conséguese un efecto fantástico, sen risco de cortarse. Aquí che deixo un par de imaxes:















Un lugar que che recomendo porque o vas pasar moi ben, sexas neno ou adulto é Cedeira. O seu Samaín é moi divertido. Normalmente fanse obradoiros de tallado de cabazas e xogos de superación de probas para os máis novos. Cando cae a noite a cabaza que tallaches, coa súa candea dentro, será transportada nunha procesión polas rúas sen luz do pobo. Nalgúns recunchos adiviños, meigas e outros seres poden estar agardando para meterche un bo susto. É moi emocionante. Se podes achégate alí.


Para os máis cantaríns imos facer un pouco de Karaoke co seguinte vídeo. Como habitualmente clica sobre a imaxe para acceder.


https://youtu.be/Z2QAk4sGzuM





Creative Commons License

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...