O ENTROIDO

E chegou o Entroido. Alá por febreiro temos costume de disfrazarnos. Cambiamos o noso aspecto e tentamos, a través de cantigas críticas o que consideramos incorrecto no mundo que nos arrodea.

QUE É ENTROIDO?

O entroido ven significar, resumindo moito, a entrada na primavera despois do frío e longo inverno. Aínda que podemos escoitar tamén Antroido, a Real Academia Galega dá como normativo Entroido.

 En Galicia é unha festa que foi en aumento ano tras ano, tanto é así que podemos falar dun triángulo máxico referido ao Entroido. Este triángulo está situado na provincia de Ourense; sendo os vértices do mesmo as vilas de Laza, Verín e Xinzo de Limia. Aínda así non esquezamos outros lugares como Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso, A Estrada...  Todos eles entroidos tradicionais. Aquí verás imaxes dalgúns personaxes tradicionais.




As imaxes deste collage foron tomadas de flickr, concretamente son autoría algunhas delas de Jose Pereira. Algunha publicada en Wikipedia e outra en Galipedia. Outra pertence a "titoalfredo". Todas elas foron filtradas por dereito de uso. 

No entroido todo o mundo se disfraza. Estamos no tempo do mundo ao revés. Antigamente, e aínda hoxe, a xente podía permitirse o luxo de criticar aos poderosos e falar contra as inxustizas.

Un típico personaxe é o choqueiro. Significa coller a roupa da casa máis estrafalaria ou que non nos serve e vestirnos de avoa, de albanel, de ricachón ou de homes as mulleres e de mulleres os homes...  Se clicas na imaxe accederás a Pinterest, onde podes ver moitas ideas que che poden axudar a disfrazarte.

https://www.pinterest.es/pin/432486370447622755/?lp=true





          Creative Commons License                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...