NADAL 2019

Nadal 2019.

Que che parecería cambiar o nacemento por un poboado de Nadal? Creo que che pode gustar. Clica sobre a imaxe da casiña e saberás como facer unha. É cousa de que cambies as cores e tamaños da plantilla para teres logo un poboado de casas distintas. Un pouco de neve en pó e un par de abetos, tamén en cartón e o traballo estaría rematado. Un precioso ambiente de inverno para decorar a nosa casa. En 6º unha boa colección de casiñas tipo xenxibre foron expostas na entrada.










Por outro lado tamén para a árbore poderiamos deseñar as nosas propias estrelas de pinzas. Verás a base ao clicar sobre o enlace, logo é cousa de que ti aportes a túa propia idea. As pinzas son facilmente pintables con rotulador. Dous círculos de goma eva con purpurina ao teu gusto e dous brillantes para os centros onde se unen as pinzas e outros pequeniños para as puntas de ambos lados.
Para rematar pintar cun pouco de cola branca mesturada cunhas gotas de auga e, mentres estea húmida deixar caer un pouco de purpurina. Logo sacode ben para que non quede purpurina solta. Quedan moi aparentes. Mira as que nós fixemos en 3º.


En 4º fixeron uns "duendes" barbudos moi bonitos tamén. Visita a páxina web do Ceip Xuño e no vídeo de Nadal veralos pendurados da árbore vermella da entrada. Clica no enlace.

Tamén verás uns renos con forma de bastón que fixeron os de 1º.


Creative Commons License

MAGOSTO 2019




 O castiñeiro foi traído á Península polos romanos e hoxe en día é unha fonte de ingresos para as familias, na provincia de Ourense, moi importante. Clica na imaxe inferior e irás ver un vídeo no que se explica a historia da castaña.

https://youtu.be/gJrqICvc-QQ


A palabra "magosto" significa fogueira para asar castañas. Procede do latín "Magnus Ustus": "Gran lume". Fonte: (Revista de la consejería de educación del Reino Unido e Irlanda"). 

Clica tamén neste enlace e irás saber máis desta celebración.

Neste curso 2019 fixemos xogos, como todos os anos e asamos as castañas. As familias viñeron de visita e probáronas con nós. Os nenos e nenas de 6º foron, como cada ano os monitores e monitoras. Fixérono moi ben.

Algunhas imaxes dos xogos están na nosa web. Traballamos en circuito. Bailamos coas cadeiras. Xogamos coas canastras, ao Floorball, ao Brilé, ao Fútbol Indio e ao Datchball. Tampouco faltou o Pano e as Colas do Raposo.

 





 Creative Commons License

SAMAÍN 2019

Neste curso 2018-2019 as BRUXAS e MEIGAS serán as protagonistas do noso Samaín.

As bruxas e meigas eran, segundo se cría antes, seres fantásticos que podían voar, adiviñar o futuro e converter unhas cousas ou persoas noutras, ademais de elaborar pócemas con ingredientes nada saborosos. Algunha xente tíñalle moito medo e foron perseguidas.

Para decorar o colexio podemos facer debuxos e manualidades relacionadas con estes personaxes. Imos darvos algunha idea.

Imos primeiro cun debuxo.Tenta reproducilo o mellor que poidas ou fai a túa propia interpretación.












Para os que lles gusten as manualidades con anaquiños de tea, cordóns e pasta de modelar esta bruxa poden tentar.



Que che parece facer un cono de cartolina. Esta meiga de debaixo pode ser máis sinxela.
















Se che gustan as bruxiñas, quizáis queiras botarlle un ollo a este vídeo. Película da bruxa.



No Samaín do 2019 fixemos bruxas de novo. Unhas de fieltro, outros decoraron impresionantes sombreiros de bruxa... Houbo quen fixo zapatos e os máis pequenos bruxiñas de cartulina. Aquí van algunhas ideas.

 




O derradeiro día de exposición de cabazas todo o que quixo veu disfrazado.

Creative Commons License


O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...