QUE É ENTROIDO?

O entroido ven significar, resumindo moito, a entrada na primavera despois do frío e longo inverno. Aínda que podemos escoitar tamén Antroido, a Real Academia Galega dá como normativo Entroido.

 En Galicia é unha festa que foi en aumento ano tras ano, tanto é así que podemos falar dun triángulo máxico referido ao Entroido. Este triángulo está situado na provincia de Ourense; sendo os vértices do mesmo as vilas de Laza, Verín e Xinzo de Limia. Aínda así non esquezamos outros lugares como Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso, A Estrada...  Todos eles entroidos tradicionais. Aquí verás imaxes dalgúns personaxes tradicionais.


Boteiro
Cigarróns de Verín
Madamas e Galáns
                                                           

As imaxes refiren unha licenza
Commons Wikimedia.org
Os Xenerais do Ulla
Pantallas de Xinzo de Limia









ENTROIDO 2018  NO COLEXIO

1. OS MANDADIÑOS

Os mandadiños de Felipe  e Tareixa non van faltar.

O luns levaremos un lazo en calquera parte do corpo.
O martes algo na cabeza.
O mércores pintaremos un detalle na cara.
O xoves disfrace libre. Ven vestido e vestida como queiras.

2. O FESTIVAL

Outro curso por diante, con coreografías e desfiles no polideportivo.
A temáticade cada aula é libre e queda como segue:

En primeiro tocan PIRATAS, con loro no ombreiro, gorro, espada e parche nun ollo.



Imaxe de Pixabay: Clker-Free-Vector-Images.





En segundo tocan NEPTUNOS con tridente, algas penduradas e capas azul mar.


Pixabay-Intographics

En terceiro van de EXIPCIOS con todo luxo de detalle: brazaletes, coroas e cintas no pelo.






Imaxe de Pixabay: open clip-art-vectors

En cuarto disfrázanse de VAQUEIROS E VAQUEIRAS con panos, sombreiros e algún armado ata os dentes.
Raventhorne-Pixabay


En quinto veredes GÁNGSTERS por todas partes. Garabata branca, sombreiro luxoso e metralleta traballada en clase. Sobre negro detalles brancos...




                                           Imaxe de Pixabay: Open Clip-Art-Vectors


En sexto aparecen os ZOMBIES. Permiso para mancharse de sangue e andar coa roupa rota.

  Imaxe de Pixabay: Glamazon

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...