O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

 

Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-as, pero si imos lembralo nas clases.

Aquí vos deixo un vídeo co conto titulado "La Castañera". Ides escoitalo en castelán.

IMOS PARA A COCIÑA

Da páxina "De Rechupete" compártovos esta receita galega.

Traducín ao galego e modifiquei algún dato nada relevante, como o nome do leite usado.

 A Tarta de San Martiño.

Ingredientes

  • 250 g. de castañas (cocidas e peladas)
  • 200 ml. de leite enteiro.
  • 150 g. de améndoa picada
  • 4 ovos medianos
  • 170 g. de azucre
  • 30 g. de azucre, para montar claras
  • 180 g. de manteiga (textura crema)
  • 100 g. de fariña de trigo de repostería
  • 8 g. de lévedo químico (tipo Royal)
  • Para a decoración: 50 g. de azucre glass
  • 50 g. de chocolate para cobrir.
 Preparación das castañas. Crema de castañas
  1. Antes de poñernos en faena, retiramos a manteiga do frigorífico, porque imos precisar que estea brandiña para a receita, con textura “crema”.   
  2. Facemos un pequeno corte ás castañas, para que non estouren ao cociñalas. Escaldamos 5 minutos en auga fervendo. Retiramos da agua e deixamos enfriar.
  3. En canto podamos botarlles a man sen queimarnos, imos pelalas. Coa man ou coa axuda dun coitelo, poderemos retirar a casca e a pel sen complicacións. Unha vez listas, picámolas en cuartos.
  4. Verquemos o leite nun cazo, quentamos e engadiños as castañas troceadas. Vamos a cocerlas durante 15 minutos, a fuego medio/bajo. Luego trituramos con la batidora, hasta obtener una crema suave y homogénea. Reservamos.
  5. Separamos las yemas de las claras. Éstas las guardamos en la nevera, para que luego estén frías y sea más fácil montarlas. En un bol, echamos la mantequilla (textura pomada), 170 g. de azúcar y las yemas de huevo.
  6. Batimos bien, para que resulta una crema homogénea. Podemos darle un toque de batidora si vemos que quedan grumos o resulta una crema algo basta. Incorporamos ahora la crema de castañas, volvemos a mezclar. Le damos también un toque de batidora, para dejar la crema con una mejor textura.

Preparación de la crema de la tarta de castañas

  1. En este momento, ponemos a precalentar el horno, 10 minutos a 180º C.
  2. En un bol grande, echamos y mezclamos los ingredientes secos: la almendra picada, la harina de trigo y la levadura. Incorporamos la crema dulce, y seguimos mezclando poco a poco, hasta que esté todo bien integrado.
  3. Sacamos las claras del frigorífico. Añadimos 30 g. de azúcar y comenzamos a montarlas con las varillas eléctricas, a velocidad alta. En un par de minutos las tendremos listas. Las añadimos a la crema, mezclando poco a poco y con movimientos envolventes.
  4. Untamos el molde con un poco de mantequilla. Vertemos la crema de la tarta.

Horneado y presentación final de la tarta de castañas San Martiño

  1. Horneamos unos 30/35 minutos a 180º C. Os pongo este intervalo de tiempo porque cada horno es un mundo. Comprobad con un pincho y si sale limpio es que la tarta está lista.
  2. Retiramos del horno y dejamos enfriar. Decoramos con azúcar glass, que podéis repartir con la ayuda de un colador. Finamente, para darle el toque ourensano a nuestra tarta, calentamos el chocolate hasta que esté líquido. Lo pasamos a un biberón o a una manga pastelera. Con un poco de maña y sin prisas, escribimos las letras “San Martiño”.

Y ya tendríamos lista nuestra deliciosa tarta de castañas, espero que os guste tanto como a mí. Un dulce estupendo de temporada y para todo el año que va genial con un té o un café a media tarde.

Aquí tenéis un paso a paso en fotos donde muestro como preparar esta receta de la tarta de castañas San Martiño. No os perdáis detalle para que os salgan de rechupete.

O SAMAÍN NO COLE. 2021

 





Este ano tampouco puidemos facer a exposición de cabazas, pero si un mural fantástico e colocar os monstros que vós deseñedes e traiades.

Normas para a confección dos traballos:

- Non podían ser ornamentos mercados. Utilizáronse, sempre que se pudo material que se tiña pola casa. Fostes moi creativos e creativas. O cole quedou incrible con pouquiña cousa.

O venres 29, coma cada ano os disfraces apareceron por todas partes.



25 de Novembro: Día Contra a Violencia de Xénero

O 25 de Novembro é un día dos máis especiais, por desgracia.

Día a día as mulleres son atacadas e moitos dos dereitos que se supoñían gañados seguen sen ser reais. Para a igualdade aínda falta moito. Nós, no colexio poñemos o noso gran de area.

Para celebrar este día baseámonos nun mural duns artistas que no ano 2011 da Fundación Avón tamén denunciaron esta cuestión.

A nós quedáronnos así.

Tivemos un obradoiro sobre o bo trato e
por suposto cantamos dúas cancións A Primeira de Jorge Drexler e Pedro Guerra. Cuídame. A segunda preparouna a profe de Inglés é Perfect, nunha versión animada. Por último unha montaxe feita por un instituto moi interesante para os que xa son algo máis maiores do colexio. O seu título é "Sólo quiero bailar".



NADAL 2019

Nadal 2019.

Que che parecería cambiar o nacemento por un poboado de Nadal? Creo que che pode gustar. Clica sobre a imaxe da casiña e saberás como facer unha. É cousa de que cambies as cores e tamaños da plantilla para teres logo un poboado de casas distintas. Un pouco de neve en pó e un par de abetos, tamén en cartón e o traballo estaría rematado. Un precioso ambiente de inverno para decorar a nosa casa. En 6º unha boa colección de casiñas tipo xenxibre foron expostas na entrada.










Por outro lado tamén para a árbore poderiamos deseñar as nosas propias estrelas de pinzas. Verás a base ao clicar sobre o enlace, logo é cousa de que ti aportes a túa propia idea. As pinzas son facilmente pintables con rotulador. Dous círculos de goma eva con purpurina ao teu gusto e dous brillantes para os centros onde se unen as pinzas e outros pequeniños para as puntas de ambos lados.
Para rematar pintar cun pouco de cola branca mesturada cunhas gotas de auga e, mentres estea húmida deixar caer un pouco de purpurina. Logo sacode ben para que non quede purpurina solta. Quedan moi aparentes. Mira as que nós fixemos en 3º.


En 4º fixeron uns "duendes" barbudos moi bonitos tamén. Visita a páxina web do Ceip Xuño e no vídeo de Nadal veralos pendurados da árbore vermella da entrada. Clica no enlace.

Tamén verás uns renos con forma de bastón que fixeron os de 1º.


Creative Commons License

MAGOSTO 2019




 O castiñeiro foi traído á Península polos romanos e hoxe en día é unha fonte de ingresos para as familias, na provincia de Ourense, moi importante. Clica na imaxe inferior e irás ver un vídeo no que se explica a historia da castaña.

https://youtu.be/gJrqICvc-QQ


A palabra "magosto" significa fogueira para asar castañas. Procede do latín "Magnus Ustus": "Gran lume". Fonte: (Revista de la consejería de educación del Reino Unido e Irlanda"). 

Clica tamén neste enlace e irás saber máis desta celebración.

Neste curso 2019 fixemos xogos, como todos os anos e asamos as castañas. As familias viñeron de visita e probáronas con nós. Os nenos e nenas de 6º foron, como cada ano os monitores e monitoras. Fixérono moi ben.

Algunhas imaxes dos xogos están na nosa web. Traballamos en circuito. Bailamos coas cadeiras. Xogamos coas canastras, ao Floorball, ao Brilé, ao Fútbol Indio e ao Datchball. Tampouco faltou o Pano e as Colas do Raposo.

 





 Creative Commons License

SAMAÍN 2019

Neste curso 2018-2019 as BRUXAS e MEIGAS serán as protagonistas do noso Samaín.

As bruxas e meigas eran, segundo se cría antes, seres fantásticos que podían voar, adiviñar o futuro e converter unhas cousas ou persoas noutras, ademais de elaborar pócemas con ingredientes nada saborosos. Algunha xente tíñalle moito medo e foron perseguidas.

Para decorar o colexio podemos facer debuxos e manualidades relacionadas con estes personaxes. Imos darvos algunha idea.

Imos primeiro cun debuxo.Tenta reproducilo o mellor que poidas ou fai a túa propia interpretación.












Para os que lles gusten as manualidades con anaquiños de tea, cordóns e pasta de modelar esta bruxa poden tentar.



Que che parece facer un cono de cartolina. Esta meiga de debaixo pode ser máis sinxela.
















Se che gustan as bruxiñas, quizáis queiras botarlle un ollo a este vídeo. Película da bruxa.



No Samaín do 2019 fixemos bruxas de novo. Unhas de fieltro, outros decoraron impresionantes sombreiros de bruxa... Houbo quen fixo zapatos e os máis pequenos bruxiñas de cartulina. Aquí van algunhas ideas.

 




O derradeiro día de exposición de cabazas todo o que quixo veu disfrazado.

Creative Commons License


CURIOSIDADES



  Aquí imos contar calquera cousa que se nos ocorra. Sempre me gustou saber daquelas pequenas ou grandes cousas que tamén forman parte dos momentos e da historia. Espero que a vós tamén.

SOBRE A TERRA E A NATUREZA

O lugar máis cálido da Terra é O Val da Morte situado en California.

" En un período de 100 años, una molécula de agua pasa 98 años en el océano, 20 meses en forma de hielo, 2 semanas en lagos y ríos y menos de una semana en la atmósfera." (Revista Muy Interesante).

SOBRE O ENTROIDO

En Venecia tamén teñen unha sobremesa típica, A Frittella. É un buñuelo. Se queres a receita para facelos. Clica sobre o enlace "receita".

SOBRE OS LIBROS E A LECTURA

O libro máis caro do mundo custa  153 millóns de euros.  ¿Sabes cantas páxinas ten? Só 13, pero seica o autor que se chama Tomas Alexander Hartmann, resolveu as preguntas que todo ser humano se fai: ¿De onde vimos? ¿A onde imos? ¿Que temos por facer? Esa información está baseada na do diario El Economista.


Creative Commons License

NA COCIÑA


   Cada momento do ano ten os seus produtos. Que tal se aprendemos un pouco sobre eles e como podemos cociñalos? Que tal se comezamos en orde de aparición das festas?

A COCIÑA DO SAMAÍN

Imos utilizar o elemento representativo do Samaín para cociñar, A CABAZA. Faremos primeiros pratos, guarnicións ou acompañamentos para certas comidas e, como non, algunha sobremesa.

Poñemos o mandil, o noso gorro, lavamos ben as mans e A COCIÑAR. Clica sobre a fotografía e podes acceder ás receitas, que pertencen  www.gallinablanca.es

https://www.gallinablanca.es/recetas/calabaza/


A COCIÑA DO MAGOSTO



A COCIÑA DO NADAL




A COCIÑA DO ENTROIDO

No entroido hai certas lambetadas que todo o mundo está agardando. Imos logo coas sobremesas:

1. AS FILLOAS

Non son crêpes. A filloa faise utilizando a auga na que se coce a cachucha do cocho en entroido, é moito máis delgada que a crêpe francesa.

Se queres saber como facelas sigue esta receita de filloas:

Elaboración

Bater  os ovos co sal e agregalos aos poucos, coa fariña, incorporando tamén o caldo (caldo de cocer a carne que se toma logo co cocido) e o leite. Cando estea a masa elaborada, incorporar o caldo e o leite.  Ligar ben todo. Pasar por un coador a outro recipiente e deixar repousar durante media hora en lugar fresco. Namentres, ter nese tempo unha tixola de ferro ou unha antiadherente no lume (se fose posible unha filloeira. Hainas ata para poñer sobre os fogóns de Butano ou de Gas Natural), cun garfo espetado no touciño, esperando para engraxar o fondo da tixola. Botar a cantidade xusta da masa de filloas na tixola e darlle a volta aos poucos instantes. Normalmente a cantidade soe ser unha cunca de servir a sopa. Facer polo outro lado e colocar nun prato cando estea feita. Seguir ata conseguir unha torre, aínda que iso en ocasións coma o Entroido é case imposible...
Unha vez terminadas de facer as filloas, pódense preparar de moitas formas; dependendo do gusto de cada casa, pódense acompañar simplemente de mel e canela ou poden ir recheas de crema pasteleira quente e queimadas con azucre por riba. Nesta época, adoitábase utilizalas, sen azucre, en vez do pan, coas comidas. Déixovos aquí o enlace ás "Filloas de Caldo de Marisé"
Non se poden esquecer as filloas de sangue. Estas adoitan facerse no tempo de matanza (porco), momento en que son moi apreciadas. Aconsello facelas e quentalas con graxa de porco, do contrario perderán todo o encanto.
Para elaboralas, poñer nunha cunca 500 gr de fariña, dúas cuncas de leite, dúas de caldo e unha de sangue, ademais de tres ovos. Traballar ben a pasta e deixar repousar. O proceso seguinte na tixola é o mesmo que no resto das filloas.  Esta receita está baseada na da páxina web "www.gastronomiadegalicia.com"

Tampouco poderás resistirte a unhas orellas. Aquí vai o enlace á receita das orellas de entroido.


Creative Commons License

AS LETRAS






   Ést é un símbolo que define á nosa Comunidade Autónoma, outro é a Lingua Galega. No mes de maio, arredor do 17 imos lembrar o valor que ten o noso idioma. Farémolo a través da celebración da Semana das Letras Galegas.

Neste curso 2017-2018, a autora á que se lle adica a Semana das Letras é María Victoria Moreno Márquez. Esta persoa naceu fóra de aquí, pero por cuestións familiares acabou dando clase de Lengua e Literatura en Galicia, onde entrou en contacto co galego, sendo hoxe unha escritora que todos vós coñecedes. Os seus libros están estes días expostos en fronte da porta do colexio e en algunhas clases "Leonardo e os Fontaneiros" están sendo lidos nas aulas dos maiores.

Se queres coñecer a súa vida completa podes acceder ao seguinte documento, publicado polo "Seminario Galán", clicando en Biografía de María Victoria.

Propóñovos, sobre todo aos de quinto e sexto que cliquedes no enlace a esta páxina da Primavera das Letras, un interesante lugar no que saber de libros e xogar coas palabras en galego. "Pan con Chocolate" é un libro desta autora contra o racismo. Se clicas no seu título accederás a unha actividade interactiva moi interesante e curiosa.

 Creative Commons License

ECOLOXÍA








    A fraxilidade do cristal que garda estas raíces é a mesma que envolve á vida neste planeta.

Para lembrarnos que o noso planeta non ten outro xemelgo ao que poidamos fuxir para seguirmos coas nosas vidas, temos que ter certos días dentro do calendario, a nivel mundial, que nos digan que o estamos facendo moi mal. Estes días son dous:

1.- O Día da Terra, que se celebra cada 22 de abril.

2.- O Día Mundial do Medioambiente que ocorre cada 5 de xuño.

Este planeta, o terceiro contando desde o Sol, chámase Terra. É a nosa casa. Na casa o aire queremos que sexa limpo. O refugallo vai ao caldeiro do lixo, non ao chan da cociña ou de calquera cuarto. Non deixamos as billas abertas, nin as luces acesas. Seguro que os adultos da casa, que pagan os recibos, che lembran que tés que tentar non malgastar... ¿Por que non o fas coa casa de todos?

Todo volve...

¿Nunca te fixaches nas praias cheas de envases e outros restos inimaxinables que retornaron a nós? A Terra non vai tragar o que nós tiremos. Vai traer todo de volta. A auga suxa caerá sobre nós en forma de chuvia ácida; o fume respirarémolo a cada paso que deamos; Enfermaremos ao comer todos os herbicidas, pesticidas e outros químicos que lle botamos á terra; Beberemos auga chea de velenos...

 
¿Esta é a Terra que ti queres?
Fíxate na segunda imaxe. Refírese aos plásticos.  O lema do Día Mundial da Nai Terra este ano é:
Rematar coa contaminación dos plásticos.

O mesmo tema será sobre o que vai traballar o día 5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente. Así o lema para este día o ano 2018 será:  Un planeta sen contaminación por plásticos.


https://www.youtube.com/watch?v=-ui4Aa3EpKE

Clica sobre a imaxe anterior. A Nai Terra vai falar contigo e pedirche algo...

Agora vas escoitar unha canción de Macaco adicada tamén á Nai Terra. Tenta aprendela. Clica sobre a flor.

https://www.youtube.com/watch?v=iZWryw2eFjI

Pero lembra que ademais de ver, escoitar e aprender...
Cada un de nós pode facer moitas cousas para axudar.

1. Recicla. Utiliza correctamente os contedores.
2. As lámpadas da casa procura que sexan led. O seu consumo será
moi baixo. Aforrariamos un montón de enerxía.
3. A auga doce do planeta é moi pouca, e menos aínda a que
se pode consumir. ¿Sabes que a maior parte do corpo de calquera
ser vivo é auga? Afórraa. O teu corpo precísaa cada día.
4. Compra alimentos pouco ou nada envasados.
5. Se podes utiliza produtos ecolóxicos nas leiras e para limpar e lavar.

Aquí podes acceder a un muro cheo de información sobre ecoloxía.

https://es.padlet.com/extraescolares365/Medio_Ambiente_2018






Creative Commons License

DÍA DO LIBRO


En abril queremos que non esquezades a importancia de ler. Como na imaxe, os libros son portas a outras realidades ou a mundos de fantasía.

Esta frase foi escrita por Santa Teresa de Jesús. Esta relixiosa, escritora e mísitica española que viviu no século XV tiña claro o seguinte: "Lee y conducirás, no leas y serás conducido." O que ela quería dicir é que se les terás ferramentas para a vida, para defenderte diante das dificultades; para atopar un traballo; para opinar con fundamento; para poder, en definitiva ter oportunidades e libre pensamento. Vas deixar que outros o fagan por ti? NOOOOOOOON!

Ademais nos libros tés a ciencia, pero tamén o arte, a diversión, a axuda...

E... Quen vive nos libros?

Greg, Tin Tin, Algún Ogro, A Carapuchiña Vermella e lo Lobo, Os Tres Porquiños, Harry Potter, Branca Neves e outras princesas... ¿Vas perder todo ese mundo?




 

Neste sinxelo vídeo resúmese a importancia dun libro.Clica sobre a
imaxe.
https://www.guiainfantil.com/videos/celebraciones/el-dia-del-libro-para-ninos/









Ademais de ler, tamén podes facer algunha manualidade, como a que vas ver neste enlace. Clica sobre a imaxe.
https://www.youtube.com/watch?v=0jndkZNViqU


Imos traballar un pouco a comprensión lectora. 

Tenta facer algunha das actividades.

Imos pensar un pouco no que pode facer por nós un libro. Clica na imaxe e verás o enlace.

https://drive.google.com/open?id=1LdsbZUQLHlQSBjBChd99tO_CrPKlBCFa

Creative Commons License


O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...