ECOLOXÍA








    A fraxilidade do cristal que garda estas raíces é a mesma que envolve á vida neste planeta.

Para lembrarnos que o noso planeta non ten outro xemelgo ao que poidamos fuxir para seguirmos coas nosas vidas, temos que ter certos días dentro do calendario, a nivel mundial, que nos digan que o estamos facendo moi mal. Estes días son dous:

1.- O Día da Terra, que se celebra cada 22 de abril.

2.- O Día Mundial do Medioambiente que ocorre cada 5 de xuño.

Este planeta, o terceiro contando desde o Sol, chámase Terra. É a nosa casa. Na casa o aire queremos que sexa limpo. O refugallo vai ao caldeiro do lixo, non ao chan da cociña ou de calquera cuarto. Non deixamos as billas abertas, nin as luces acesas. Seguro que os adultos da casa, que pagan os recibos, che lembran que tés que tentar non malgastar... ¿Por que non o fas coa casa de todos?

Todo volve...

¿Nunca te fixaches nas praias cheas de envases e outros restos inimaxinables que retornaron a nós? A Terra non vai tragar o que nós tiremos. Vai traer todo de volta. A auga suxa caerá sobre nós en forma de chuvia ácida; o fume respirarémolo a cada paso que deamos; Enfermaremos ao comer todos os herbicidas, pesticidas e outros químicos que lle botamos á terra; Beberemos auga chea de velenos...

 
¿Esta é a Terra que ti queres?
Fíxate na segunda imaxe. Refírese aos plásticos.  O lema do Día Mundial da Nai Terra este ano é:
Rematar coa contaminación dos plásticos.

O mesmo tema será sobre o que vai traballar o día 5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente. Así o lema para este día o ano 2018 será:  Un planeta sen contaminación por plásticos.


https://www.youtube.com/watch?v=-ui4Aa3EpKE

Clica sobre a imaxe anterior. A Nai Terra vai falar contigo e pedirche algo...

Agora vas escoitar unha canción de Macaco adicada tamén á Nai Terra. Tenta aprendela. Clica sobre a flor.

https://www.youtube.com/watch?v=iZWryw2eFjI

Pero lembra que ademais de ver, escoitar e aprender...
Cada un de nós pode facer moitas cousas para axudar.

1. Recicla. Utiliza correctamente os contedores.
2. As lámpadas da casa procura que sexan led. O seu consumo será
moi baixo. Aforrariamos un montón de enerxía.
3. A auga doce do planeta é moi pouca, e menos aínda a que
se pode consumir. ¿Sabes que a maior parte do corpo de calquera
ser vivo é auga? Afórraa. O teu corpo precísaa cada día.
4. Compra alimentos pouco ou nada envasados.
5. Se podes utiliza produtos ecolóxicos nas leiras e para limpar e lavar.

Aquí podes acceder a un muro cheo de información sobre ecoloxía.

https://es.padlet.com/extraescolares365/Medio_Ambiente_2018






Creative Commons License

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...