O SAMAÍN 2018













Cando comeza o curso temos que prepararnos xa para a primeira grande celebración do ano, e posiblemente unha das que máis nos gustan. Chámase, por estes lares o SAMAÍN

Os castrexos tamén tiñan festas, normalmente relativas á súa vida cotiá. Unha delas era o Samaín, na que se daba por finalizado o verán e na que se rendía culto aos falecidos. O samaín tamén significaba o Aninovo deles. O Samaín celébrase na noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro.

Collían as caveiras dos seus inimigos e colocábanas sobre os muros para meterlles medo aos inimigos que puideran ter intención de atacar o poboado  e tamén para evitar as ánimas, que nesa noite andaban no mundo dos vivos non sempre con boas intencións. Para que deran máis medo poñíanlles iluminación dentro, é por iso que hoxe baleiramos cabazas ás que lle damos aspecto de cabezas e nelas poñemos unha candea. É un xeito de lembrar o noso pasado e facer que non se perda.

Samaín ou Halloween?

As dúas. O Samaín é a orixe posiblemente. Na súa versión moderna celébrase o Halloween. Por que non facer que as dúas convivan, cando están presentes con tanta forza nas nosas vivenzas?

Posiblemente esta sexa a festa por excelencia da xente nova a quen lle gusta disfrazarse e, por suposto, preparar a súa cabaza. Creo que é a mellor forma de combinar ámbalas dúas festas.

Así como no Magosto a raíña é a castaña, no Samaín é a Cabaza, pero non sempre foi así. En tempos a cabaza non existía en Europa. Utilizábanse nabos. Foi coa chegada a América, dos Irlandeses e Ingleses, que o nabo foi cambiado por a cabaza que aquí nacía nos campos do novo continente. Se queres aprender a tallar unha cabaza, clica na terrorífica que tés debaixo.


https://www.hogarmania.com/decoracion/manualidades/otros/201310/como-tallar-calabaza-21751.html

Para os máis pequenos, porque abrir o cabazo non é sinxelo, podemos optar por decorar as cabazas sen abrir, so empregando adhesivo de silicona fría ou rotuladores permanentes. Conséguese un efecto fantástico, sen risco de cortarse. Aquí che deixo un par de imaxes:















Un lugar que che recomendo porque o vas pasar moi ben, sexas neno ou adulto é Cedeira. O seu Samaín é moi divertido. Normalmente fanse obradoiros de tallado de cabazas e xogos de superación de probas para os máis novos. Cando cae a noite a cabaza que tallaches, coa súa candea dentro, será transportada nunha procesión polas rúas sen luz do pobo. Nalgúns recunchos adiviños, meigas e outros seres poden estar agardando para meterche un bo susto. É moi emocionante. Se podes achégate alí.


Para os máis cantaríns imos facer un pouco de Karaoke co seguinte vídeo. Como habitualmente clica sobre a imaxe para acceder.


https://youtu.be/Z2QAk4sGzuM





Creative Commons License

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...