O MAGOSTO 2018


Alá polo 11 de novembro aproveitamos un dos froitos do outono máis abundantes. A CASTAÑA, que precisamente cae agora dos castiñeiros. En todo o norte e noroeste celebramos, con nomes moi similares a mesma festa. O Magosto.








O inverno chega e é hora de gardar o colleitado durante o ano, para pasar, o mellor posible, os días que chegan de frío, chuvia e poucas horas de luz solar. As casas das aldeas eran auténticas despensas. Gardadas quedaban as cebolas e os allos, a carne de porco, o viño colleitado nos meses de setembro e outubro, as patacas, o millo e a forraxe para o gando. Non faltaba tampouco unha boa leñeira chea de madeira para quentar a casa. O magosto semella ser unha celebración da abundancia na que a castaña é a raíña.

A castaña era a "pataca" que había en Europa antes de chegar a verdadeira pataca de América, de feito, pola zona de malpica chámanlles castañas ás patacas.

O San Martiño:

Como data para celebrar o magosto soemos agardar ao día de San Martiño. Para celebrar estes magostos precisamos castañas, chourizos e viño novo. Con nenos e nenas, evidentemente o viño non. Outro elemento que nunca falla son os xogos, xa desde antigo. É por eso que no noso colexio, antes de comer as castañas asadas, xogamos a esgalla, axudados polos monitores que son os nenos e nenas de 6º.

PREPARANDO UN MAGOSTO, desde o primeiro pasiño.
Clica sobre esta imaxe e irás directamente a un vídeo explicativo do magosto.

https://youtu.be/XzmW3XpRzaE
Aquí tés unha boa brasa e tres asadores preparados para comezar a asar castañas.

* Imos poñer  a cabeciña a funcionar. A ver se estas adiviñas podes solucionar:

A fonte é educaplay. 
 
Está en MES e non en TRES
Repítome tres veces en CASTAÑA
Son a primeira letra de GUSTO.
Son a última letra da frase anterior.
Quedo no medio de FESTA.
Aparezco no SOUTO e desaparezco en SOUBO.
Son a letra que se repite en OUTONO.


Creative Commons License

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...