O ENTROIDO

E chegou o Entroido. Alá por febreiro temos costume de disfrazarnos. Cambiamos o noso aspecto e tentamos, a través de cantigas críticas o que consideramos incorrecto no mundo que nos arrodea.

QUE É ENTROIDO?

O entroido ven significar, resumindo moito, a entrada na primavera despois do frío e longo inverno. Aínda que podemos escoitar tamén Antroido, a Real Academia Galega dá como normativo Entroido.

 En Galicia é unha festa que foi en aumento ano tras ano, tanto é así que podemos falar dun triángulo máxico referido ao Entroido. Este triángulo está situado na provincia de Ourense; sendo os vértices do mesmo as vilas de Laza, Verín e Xinzo de Limia. Aínda así non esquezamos outros lugares como Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso, A Estrada...  Todos eles entroidos tradicionais. Aquí verás imaxes dalgúns personaxes tradicionais.




As imaxes deste collage foron tomadas de flickr, concretamente son autoría algunhas delas de Jose Pereira. Algunha publicada en Wikipedia e outra en Galipedia. Outra pertence a "titoalfredo". Todas elas foron filtradas por dereito de uso. 

No entroido todo o mundo se disfraza. Estamos no tempo do mundo ao revés. Antigamente, e aínda hoxe, a xente podía permitirse o luxo de criticar aos poderosos e falar contra as inxustizas.

Un típico personaxe é o choqueiro. Significa coller a roupa da casa máis estrafalaria ou que non nos serve e vestirnos de avoa, de albanel, de ricachón ou de homes as mulleres e de mulleres os homes...  Se clicas na imaxe accederás a Pinterest, onde podes ver moitas ideas que che poden axudar a disfrazarte.

https://www.pinterest.es/pin/432486370447622755/?lp=true





          Creative Commons License                              

A PAZ

    O día 30 de xaneiro temos por diante o Día Internacional da Paz e a Non Violencia. Polo de agora segue sendo necesario celebralo porque seguimos esquecendo como compartir uns cos outros; como ser respectuosos e respectuosas; como axudar a quen o precise máis ca un mesmo/a; como empregar como única arma a palabra, á hora de solucionar os conflitos entre uns e outros.

Un dos símbolos da Paz é esta pomba branca cunha poliña de oliveira que significa o perdón para a humanidade.

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi declarado por vez primeira en 1964. Ademais o 30 de xaneiro morre asasinado o que foi Presidente da India, Mahatma Gandhi. Gandhi. Gandhi, aprendeu e ensinou a enfrontarse ás inxustizas cun sistema denominado "resistenza non violenta". Significaba que diante de calquera afrenta xamáis se utilizaría unha arma ou un golpe. Gandhi, ademais era unha persoa "pobre", se falamos de propiedades que posuía. Todo o que el tiña como seu cabía nunha caixa de zapatos. Non quería nin precisaba nada máis.

Clica sobre a imaxe na que podes asistir a un emotivo vídeo sobre quen non ten absolutamente nada. A paz tamén é poder vivir cun pouco de dignidade.

https://youtu.be/NIk-OCE7I9Y


CONTOS PARA A PAZ

Se che gusta ler clica en contos para a paz e poderás acceder a pequenas historias para aprender sobre o respecto e a tolerancia, aloxados na web www.menudos peques.net


Creative Commons License

NADAL 2018

Chegou o inverno e con el o Nadal. Imos decorar o colexio entre todos. Cada curso é un pouquiño distinto
 do anterior.











O Nadal é unha festa relixiosa, sen dúbida, pero é un momento do ano que nos envolve por todos lados. As rúas e tendas están decoradas. As reunións familiares son habituais e os agasallos tamén. Polo tanto imos adicarlle un espazo neste blogue, xa que no Colexio as manualidades para o momento están á orde do día.

Nos días previos a estas datas, en case todos os fogares fan a árbore de Nadal. Seguro que ti tamén o fas. Lembra que se é natural deberías de levalo a onde se poida plantar de novo.



Hai quen fai tarxetas, outros caixiñas de regalo, outros adornos para a árbore da casa. Se clicas sobre a  imaxe terás algunhas ideas para decoración.

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/regalos-de-navidad-faciles-en-15-minutos/

Algo que non deberia de deixarse de facer sería escribir unha tarxeta para felicitar as festas. Así pois non deixes de agasallar cunha a alguén da túa familia. Clicando na imaxe vas atopar distintas ideas para facer algunha, sen complicarte moito.

https://genial.guru/creacion-hogar/40-tarjetas-navidenas-que-puedes-elaborar-en-media-hora-91805/


O Nadal noutros países:

Se tés curiosidade por saber como se celebra o Nadal noutras partes do mundo clica sobre a bóla e accederás á web www.guiainfantil.com

https://www.guiainfantil.com/navidad/mundo.htm











Creative Commons License

O MAGOSTO 2018


Alá polo 11 de novembro aproveitamos un dos froitos do outono máis abundantes. A CASTAÑA, que precisamente cae agora dos castiñeiros. En todo o norte e noroeste celebramos, con nomes moi similares a mesma festa. O Magosto.








O inverno chega e é hora de gardar o colleitado durante o ano, para pasar, o mellor posible, os días que chegan de frío, chuvia e poucas horas de luz solar. As casas das aldeas eran auténticas despensas. Gardadas quedaban as cebolas e os allos, a carne de porco, o viño colleitado nos meses de setembro e outubro, as patacas, o millo e a forraxe para o gando. Non faltaba tampouco unha boa leñeira chea de madeira para quentar a casa. O magosto semella ser unha celebración da abundancia na que a castaña é a raíña.

A castaña era a "pataca" que había en Europa antes de chegar a verdadeira pataca de América, de feito, pola zona de malpica chámanlles castañas ás patacas.

O San Martiño:

Como data para celebrar o magosto soemos agardar ao día de San Martiño. Para celebrar estes magostos precisamos castañas, chourizos e viño novo. Con nenos e nenas, evidentemente o viño non. Outro elemento que nunca falla son os xogos, xa desde antigo. É por eso que no noso colexio, antes de comer as castañas asadas, xogamos a esgalla, axudados polos monitores que son os nenos e nenas de 6º.

PREPARANDO UN MAGOSTO, desde o primeiro pasiño.
Clica sobre esta imaxe e irás directamente a un vídeo explicativo do magosto.

https://youtu.be/XzmW3XpRzaE
Aquí tés unha boa brasa e tres asadores preparados para comezar a asar castañas.

* Imos poñer  a cabeciña a funcionar. A ver se estas adiviñas podes solucionar:

A fonte é educaplay. 
 
Está en MES e non en TRES
Repítome tres veces en CASTAÑA
Son a primeira letra de GUSTO.
Son a última letra da frase anterior.
Quedo no medio de FESTA.
Aparezco no SOUTO e desaparezco en SOUBO.
Son a letra que se repite en OUTONO.


Creative Commons License

O SAMAÍN 2018













Cando comeza o curso temos que prepararnos xa para a primeira grande celebración do ano, e posiblemente unha das que máis nos gustan. Chámase, por estes lares o SAMAÍN

Os castrexos tamén tiñan festas, normalmente relativas á súa vida cotiá. Unha delas era o Samaín, na que se daba por finalizado o verán e na que se rendía culto aos falecidos. O samaín tamén significaba o Aninovo deles. O Samaín celébrase na noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro.

Collían as caveiras dos seus inimigos e colocábanas sobre os muros para meterlles medo aos inimigos que puideran ter intención de atacar o poboado  e tamén para evitar as ánimas, que nesa noite andaban no mundo dos vivos non sempre con boas intencións. Para que deran máis medo poñíanlles iluminación dentro, é por iso que hoxe baleiramos cabazas ás que lle damos aspecto de cabezas e nelas poñemos unha candea. É un xeito de lembrar o noso pasado e facer que non se perda.

Samaín ou Halloween?

As dúas. O Samaín é a orixe posiblemente. Na súa versión moderna celébrase o Halloween. Por que non facer que as dúas convivan, cando están presentes con tanta forza nas nosas vivenzas?

Posiblemente esta sexa a festa por excelencia da xente nova a quen lle gusta disfrazarse e, por suposto, preparar a súa cabaza. Creo que é a mellor forma de combinar ámbalas dúas festas.

Así como no Magosto a raíña é a castaña, no Samaín é a Cabaza, pero non sempre foi así. En tempos a cabaza non existía en Europa. Utilizábanse nabos. Foi coa chegada a América, dos Irlandeses e Ingleses, que o nabo foi cambiado por a cabaza que aquí nacía nos campos do novo continente. Se queres aprender a tallar unha cabaza, clica na terrorífica que tés debaixo.


https://www.hogarmania.com/decoracion/manualidades/otros/201310/como-tallar-calabaza-21751.html

Para os máis pequenos, porque abrir o cabazo non é sinxelo, podemos optar por decorar as cabazas sen abrir, so empregando adhesivo de silicona fría ou rotuladores permanentes. Conséguese un efecto fantástico, sen risco de cortarse. Aquí che deixo un par de imaxes:















Un lugar que che recomendo porque o vas pasar moi ben, sexas neno ou adulto é Cedeira. O seu Samaín é moi divertido. Normalmente fanse obradoiros de tallado de cabazas e xogos de superación de probas para os máis novos. Cando cae a noite a cabaza que tallaches, coa súa candea dentro, será transportada nunha procesión polas rúas sen luz do pobo. Nalgúns recunchos adiviños, meigas e outros seres poden estar agardando para meterche un bo susto. É moi emocionante. Se podes achégate alí.


Para os máis cantaríns imos facer un pouco de Karaoke co seguinte vídeo. Como habitualmente clica sobre a imaxe para acceder.


https://youtu.be/Z2QAk4sGzuM





Creative Commons License

O MAGOSTO. NOVEMBRO 2021

  Este curso, coma os anteriores, por cousa da pandemia non poderemos reunirnos para compartir unhas castañiñas asadas e para xogar xuntos-a...