QUE É ENTROIDO?
O entroido ven significar, resumindo moito, a entrada na primavera despois do frío e longo inverno. Aínda que podemos escoitar tamén Antroido, a Real Academia Galega dá como normativo Entroido.
En Galicia é unha festa que foi en aumento ano tras ano, tanto é así que podemos falar dun triángulo máxico referido ao Entroido. Este triángulo está situado na provincia de Ourense; sendo os vértices do mesmo as vilas de Laza, Verín e Xinzo de Limia. Aínda así non esquezamos outros lugares como Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso, A Estrada... Todos eles entroidos tradicionais. Aquí verás imaxes dalgúns personaxes tradicionais.
As imaxes deste collage foron tomadas de flickr, concretamente son autoría algunhas delas de Jose Pereira. Algunha publicada en Wikipedia e outra en Galipedia. Outra pertence a "titoalfredo". Todas elas foron filtradas por dereito de uso.
No entroido todo o mundo se disfraza. Estamos no tempo do mundo ao revés. Antigamente, e aínda hoxe, a xente podía permitirse o luxo de criticar aos poderosos e falar contra as inxustizas.
Un típico personaxe é o choqueiro. Significa coller a roupa da casa máis estrafalaria ou que non nos serve e vestirnos de avoa, de albanel, de ricachón ou de homes as mulleres e de mulleres os homes... Se clicas na imaxe accederás a Pinterest, onde podes ver moitas ideas que che poden axudar a disfrazarte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.